O Olivo, campión da Copa Vigo feminina

Imprimir

copa_vigo_olivo_2013O Olivo impúxose ao Sárdoma na final da Copa Vigo na categoría feminina, que se xogaba por primeira vez dende o inicio do torneo en 1933. Un claro 1-4 a favor das rapazas de Juan Carlos García "Charly", dáballe o triunfo ante un Sárdoma inferior durante todo o encontro e que quedou sen forzas na segunda parte. Os goles por parte do Olivo foron de Lombi, Kisi, Any e Ceci.