Cabecera Vide

O Olivo métese na final da Copa Galicia

Partido difícil para o Olivo, ante as coruñesas, no municipal Pahíño. As viguesas lanzaron dezanove cornes e só nos derradeiros seis minutos puideron facer os dous tantos que lle dan o pase a final da Copa Galicia. A cita será o domingo, ás 18 h., no campo santiagués de Santa Isabel ante o Friol de Lugo.

Mañá, nova cita para as rapazas que adestra Juan Carlos García "Charly". Será de novo no municipal Pahíño, esta vez na Copa Vigo, encontro correspondente a volta das semifinais ante o Alerta Navia. No encontro de ida gañaron as rapazas do Olivo por 9 a 3.