O Olivo recibe ao Girona en partido de volta da fase de ascenso

Imprimir

As rapazas do Olivo xogarán este domingo o partido de volta da fase de ascenso a primeira división feminina de fútbol.  Despois do correctivo do pasado domingo en terras catalás onde as viguesas perderon 4 -0, o equipo saltará ao campo a dalo todo e a intentar o milagre.

Juan Carlos García "Charly" ten baixas importantes no equipo. Por un lado a moza Pauleta, que estaba nunha forma extraordinaria, pero unha lesión deixaraa catrosemanas no dique seco ten unha escordadura de xeonllo e perderase as próximas eliminatorias de  Vigo e a Federación, onde a Olivo xa está clasificado.

A outra baixa, non menos importante, é a de Lombi -máxima goleadora do equipo- que recibiu a súa quinta tarxeta amarela no partido de ida. O adestrador tivo que botar man de varias xogadoras do equipo filial para completar a convocatoria.

O equipo terá que facer un esforzo grande neste final de tempada, debido aos compromisos adquiridos coas dúas Copas e a fase de ascenso.

O mércores xogase en Baiona e o xoves en Navia partidos de Copa.

OLIVO - GIRONA
Estadio: PAHIÑO (NAVIA)
DOMINGO 26 DE MAIO 12 H.