Cabecera Vide

O Olivo comeza a Copa Federación enfrontándose ao Sárdoma

Este domingo comeza a II Copa Federación de fútbol feminino (interveñen nesta competición os 7 equipos galegos integrados na 2ª división nacional). O sorteo tivo lugar o pasado luns en Santiago. Dividiuse a competición en dous grupos:

Grupo 1:

• ATLETICO AUROUSANA (VILLAGARCIA)
• FRIOL C.F. (FRIOL - LUGO)
• VITORIA C.F. (A CORUÑA)
• S.D. COMPOSTElA (SANTIAGO)

Grupo 2:

• SARDOMA C.F. (VIGO)
• ERIZANA C.F. (BAIONA)
• OLIVO (VIGO)

O Olivo comeza a competición enfrontándose ao Sárdoma, será este domingo, día 28 de abril, no campo de Relfas (Sárdoma) ás 19:00 h. O adestrador das olívicas, Charly, terá que facer números xa que non pode esgotar ás xogadoras, debido a os varios compromisos deportivos do equipo. Entre eles, a I COPA VIGO onde o equipo se enfrontará ao Orzan B e terá que viaxar a Coruña. E todo isto esperando ao sorteo que terá lugar o martes, 30 de abril, en Madrid para disputar a fase de ascenso á 1ª División Nacional Feminina.

O club está preocupado polo custo que suporá xogar esta fase de ascenso (pode tocar calquera equipo de toda la xeografía española) e o presuposto actual é moi limitado. A directiva está a intentar buscar apoios económicos para a mesma e cara a próxima tempada en caso de que o equipo consiga o ascenso.