El Olivo-Caixanova non pode contra os elementos e saca un empate na súa visita a mareo

Imprimir

374olivoPartido disputado nunha mañá calorosa que rematou no medio dun temporal de chuvia e vento. Nun inicio de partido máis propio do mes de xullo que das datas nas que nos atopamos, as xogadoras olívicas saltaron ao terreo de xogo sabendo o que se xogaban na súa visita a Gijón, ben enchufadas e cunha boa predisposición as viguesas non tardaron en dominar o partido, e así no minuto 8, Buceta saca un preciso dende a banda dereita que Clo manda fóra por pouco, dous minutos máis tarde, é Loreto a que aproveita unha xogada de estratexia para abrir o tanteador, Anita saca a falta, Loreto recibe dentro do area e revolvéndose entre dous defensan gijonesas tira cruzado onde a porteira local nada pode facer.

Ata o minuto 20 o dominio da olivo faise patente sen que as xogadoras do mareo inquieten á zaga viguesa, nese minuto Cuchi, que se sumou ao ataque, saca un centro que susi remata á media volta e sae fóra por pouco.
No minuto 25 as locais achéganse con perigo por primeira vez, Ana tira e Carlota rexeita o balón e é Vicky a que evita o empate sacando o balón baixo paus.
No 29' unha boa combinación das visitantes estivo a punto de converterse no 2º, centro de Anita, recolle Loreto que cede para que Sara tire saíndo o balón por enriba do marco local.
No 43' chegou o minuto fatídico, Sara prepárase para tirar a porta dende a frontal do área pero o control sáelle un pouco largo,hecho que aproveitan as locais para montar un contraataque que as olívicas non son capaces de frear e acaba co balón dentro das mallas da portería que defende Carlota.
Tras o descanso as visitantes saíron enchufadas pero coa pólvora un pouco mollada, presaxio do temporal que ía caer en terras asturianas. foi Ana Buceta no primeiro minuto da segunda parte a que despois de zafarse de tres defensoras, no man a man coa porteira cruza demasiado o esférico lambendo o pau, na xogada seguinte, é clo a que ten o man a man coa porteira local e tíralle o balón ás mans en vez de dar o pase atrás onde estaba unha compañeira súa que solo tenia que empurrar o esférico para que o tanto subise ao marcador.
Durante toda a segunda parte foi un toma e daca entre ambos os dous equipos que realizaron un xogo pobre e nada bonito para os poucos espectadores que alí atopaban. ningún dos dous equipos presento un medio campo sólido e de garantias que fosen capaces de dominar o partido.
Foi no minuto 35 cando unha boa xogada de Ana Buceta, que salgue dende o seu propio medio campo rompendo o fóra de xogo vaise directa cara á portería contraria, na que esta vez se, fai imposible a estirada da porteira local e logra facer o 1-2.
Dende ese momento, o Mareo subiu as liñas, apareceron a chuvia, o vento e o frío, e a olivo tivo un par de ocasións para sentenciar o choque pero non as soubo materializar e asi, no minuto 88 o arbitro invéntase unha falta ao bordo do área viguesa, o único fallo que tivo en todo o partido o colexiado asturiano, que tira directa Lorena, a barreira ábrese e Carlota nada pode facer para evitar o empate local.
pouco despois finalizaría o choque que non deixa contentos a ningún dos dous equipos, xa que o Gijón gaño outro dos tres choques astur-galaicos que se disputaban esta xornada por 4-1 fronte ao Pontevedra, mentres que o erizana gañaba a domicilio ao langreo por 1-2.
As olívicas agora teñen que pensar xa no seu choque do próximo domingo na casa o domingo ás 12:00 no Campo da Mina, nun dos derbies que lle enfrontará ao Atl. Arousana, un "equipo que non empezou ben a tempada debido ás baixas importantes que ten no medio do campo pero que seguramente virá con ganas de levar os tres puntos e ao final seguro que sairá dos postos de descenso" segundo di Edu, un equipo, o villagarciano que vén de perder no seu feudo por 2-4 contra o Amigos do Duero.