O Olivo púxollo difícil ao Levante

Imprimir

olivo_levante_25.9.11Táboas no marcador da terceira xornada da máxima categoría do fútbol nacional feminino. O Olivo na primeira parte do encontro sae do medio campo para atrás, tratando de conter a dianteira do equipo visitante, o Levante.

O primeiro cuarto de hora dominaron as levantinas. No minuto 16 un mal entendemento entre a defensa e a porteira provoca a chegada do primeiro gol para o Levante, Ruth García, lonxe de achicarse as xogadoras de Quin pasaron a dominar o centro do campo, chegando o empate no minuto 31 cun gol de Anair Lombi dun pase moi acertado de Loreto.

Tras o paso por vestiarios o partido seguiu coa mesma tónica, O Levante continúa a súa presión e intenta non deixar xogar ao Olivo, pero as locáis resisten o envite. Un xogo moito máis igualado, ambos os dous equipos tiveron oportunidades pero que non chegaron a facerse efectivas, chegando ao final do partido cun empate (1-1).