Cabecera Vide

El Olivo xoga este sábado o Memorial Moncho Rivera

374olivo1Mañá sábado, día 27 ás 19 h, El Olivo xogará o XIII Torneo Victoria en Coruña ante o Victoria, equipo de 3ª autonómica, no Campo de Fútbol "Víctor Fernández Alonso-Leyma". Será o penúltimo encontro da pretempada.

O último encontro desta pretempada será o domingo 28 co Bertola Feminino, antes de que comece a liga o 4 de setembro.

No encontro de mañá, as xogadoras de Quin moi motivadas de cara ao inicio da Liga, intentarán salvar un encontro, que debido ao descoñecemento do rival, se presenta como unha incógnita, o Victoria, equipo gañador da Copa de Galicia, e no que xogou Crisa, nunca coincidiu con El Olivo, ésta enfrontase a algunhas das súas ex compañeiras.
 
Gañar estes últimos encontros será un bálsamo de cara ao inicio ligueiro. Quin non poderá contar con Albita para este derbi, xa que será baixa, pero esperamos este recuperada para o próximo 4 de setembro ante o San Gabriel.