Cabecera Vide

Terceiro ascenso dun equipo do programa Siareiros de VIDE esta tempada

fuenteTerceiro equipo VIDE que conquista o ascenso á máxima categoría esta tempada. O Iveco Universidade de Vigo (rugby), a S.D. Octavio (balonmán) e agora El Olivo Novacaixagalicia.

Dende febreiro, o deporte vigués non só brilla a nivel internacional coa organización de eventos, senón que tamén colleita grandes resultados propios. O Octavio regresa a unha categoría que lle é habitual (a Liga Asobal), pero ademais dúas modalidades deportivas nas que Galicia nunca tivera representación (a Liga Renfe de rugby masculino e a Superliga feminina de fútbol) terán na tempada 2011/2012 a referencia viguesa.

Para a Fundación Vigo en Deporte esta situación é espectacular: nunha soa tempada tres son xa os ascensos e só o Vigo Stick (hóckey a patíns feminino) baixou hai semanas da OK Liga feminina.