El Olivo salva o derbi remontando cunha xogadora menos e decidirá a Liga en Navia diante do Ponferrada

Imprimir

374olivo1Non comezaban ben as cousas para o cadro local, xa que cando aínda non se sentara o público, o marcador xa reflectía 0-1, un despiste defensivo propiciaba que Cristina dispuxese dun man a man con Carlota que non desprezaría pero o peor estaba aínda por chegar.

Transcorría o minuto 11, o Pontevedra saca un corner, en principio sen perigo, pero o balón péchase e colle a Carlota a contrapé e despexa como pode, o balón cae aos pés dunha xogadora lerezana e o seu tiro elévase, Cris salta para despexar de cabeza pero o chega, toca o balón coa man para evitar que entre e o colexio decreta penalti coa cosiguiente expulsión, a continuación Natalia faría o 0-2 ao transformar a pena máxima. As cousas non pintaban ben para as olívicas, era a primeira vez que lles facían dous goles no seu campo, e aínda por enriba 80 minutos por diante cunha xogadora menos, o cadro olívico dispuxo unha defensa de tres xa que debía gañar o partido se quería seguir tendo opcións de conquistar o título de liga, entón as pontevedresas plantaron o autobús e esperaban saír en contraataques para intentar pechar o partido, as viguesas puxeron o mono de traballo pero con ataques verticais, non eran capaces de realizar o seu xogo de mover o balón con tranquilidad e paciencia, o asubío do final do primeiro período foi o mellor para que as xogadoras locais despexasen a cabeza.

Quedaban 45' minutos e debían marcar tres goles para remontar, entón sucedeu o que toda a afección local desexaba, que as súas xogadoras empezasen a mover o balón e facer correr ao equipo contrario para crear os espazos, e así foi, no minuto 58' Joana recibe un pase en profundidade, Julia queda a media saída e Joana marca de vaselina subindo o 1-2, quedaba moito partido e dende o banco se pedia tranquilidade para seguir xogando igual, catro minutos máis tarde, no 60', falta a favor das olivicas á dereita do area lerezana que ana se encarga de executar de forma maxistral para igualar a contenda. a falta de vinte minutos para o final lombi lograba a remontada tras cruzar o balón e impedindo que Julia poida facer nada para evitar o 3-2, pero as viguesas querían máis, Joana no 75' recibe un grande pase Loreto na frontal de costas á portería, dáse a volta e rómpelle a cintura ás dúas centrais para logo sentar á porteira e facer o cuarto. Xa no 80' Lombi vaise por a banda esquerda do seu par, saca un centro e Joana no segundo pau de media chilena sobe o quinto, terceiro na súa conta persoal.

Un partido no que as olívicas souberon sufrir e remontar un resultado adverso, un triunfo que lles dá moita moral para recibir ao Ponferrada 100 o próximo domingo nun do que seguramente marcará o devir da liga.

El Olivo Novacaixagalicia, 5
Pontevedra C.F., 2

Árbitro (comité galego): Jose Luis González Sobrado, Lois Pintos Fernández (auxiliar) e Javier Adán Castiñeiras (auxiliar). Amoestou as locais Cris (11', cartón vermello) e Lombi (74'), e ás visitantes Sheila (52' ) e Andrea Mirón (63' ).
Goles: 0-1, Cristina (1'). 0-2, Natalia (11'), de penalti. 1-2, Joana (58'). 2-2, Ana (62'). 3-2, Lombi (70'). 4-2, Joana (75'). 5-2, Joana (80').

Campo: Municipal "Pahiño". Uns 300 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polas vítimas do terremoto de Xapón.