Vendetta con goleada para o Olivo Novacaixagalicia!!!

Imprimir

olivoNo partido da primeira volta as viguesas anuláronlles tres goles legais e  finalizou 3-3. O Olivo Novacaixagalicia cumpre cos pronósticos e acaba goleando a un frouxo Amigos del Duero.

O comezaba nunha mañá gris, con algo vento e momentos de poalla e chaparrón, o Olivo consciente da situación anímica do rival, xa que viña de vencer ao Pontevedra e estaban altas de moral, e debido á defensa de circunstancias que presentaba o cadro vigués, saíron enchufadísimas ao sintético de Navia e así foi xa que aos 50 segundos Loreto é agarrada claramente dentro da área por Noelia e o colexiado non dubida en sinalar o punto de penalti, o tiro libre executaríao Ana, moi ben lanzado pero Aida adiviñou a traxectoria do balón e fixo unha magnífica parada. O dominio do esférico era claramente do combinado local, a pesar das condicións que presentaba o Pahiño, bastante encharcado debido á drenaxe.

No 16' comenzaría a vendetta do partido da primeira volta, saque de esquina que executa Ana ao 2º pau, Loreto de cabeza ponlla a Joana ao bordo da área pequena e Joana remata. No 19' serían as zamoranas as que meterían o susto aos afeccionados vigueses que alí se atopaban, corner botado dende a esquerda da portería local, despexa Carlota de puños, o balón lle cae a unha xogadora visitante dentro da área tira Carlota queda co balón nunha magnífica intervención. No 33' o cadro locatario encarrilaría o partido, Clo mete en profundidade para Lombi, vaise da súa defensora e saca un centro que controla Loreto e llela deixa a Alex para que saque un derechazo que se cola na portería de Aida. Así se chegaría ao descanso.

Tras a reanudación o Olivo seguiría co dominio do xogo e a posesión do balón, chegado o 67' as zamoranas terían outra oportunidade para achegarse no marcador, un bo contraataque que finalizada cun disparo dende a frontal e unha parada espectacular de Carlota que envía o balón a corner. No 73' chegaría a sentenza, Cris recupera un balón en tres cuartos, pasa a Alex, esta a Joana e ésta devolve a Cris en profundidade por banda dereita, centra e remata Lombi segundo lle chega para subir o terceiro ao electrónico do Pahiño. Dous minutos máis tarde Lombi faría o seu dobrete tras rematar de cabeza ao bordo da área pequena un corner que saca Clo. De aquí ao final o Olivo limitouse a mover o balón sen que o cadro visitante puidese facer nada ante un equipo mellor plantado no campo.

A proxima semana hai parón da liga debido aos compromisos das seleccións autonómicas no campionato de España polo que ata o 27 de febreiro non se volverá xogar, o Olivo viaxará a burgos para enfrontarse ao Ntra. Señora de Belén e o amigos del Duero recibirá ao Friol.