Cabecera Vide

Peche de tempada para o Xuvenil

Os dous equipos pecharon a tempada con idéntico resultado, derrota por 3-2. As rapazas desprazáronse ata Madrid para enfrontarse ao Alcorcón.

Aínda que comezaron gañando o primeiro set por 16-25 con bastante contundencia, no segundo set as locais reaccionaron e obtiveron un 25-23 e un 25-22 no terceiro set. As viguesas retomaron as forzas do primeiro set e adxudicáronse o cuarto set por 17-25. Non obstante, no quinto set desapareceu esa forza e cederon o set e o partido por 15-5.

Os rapaces xogaban na casa contra o Adeva de Albacete, a pesar de comezar perdendo o primeiro set por 13-25, no segundo set sacaron o seu bo xogo e adxudicáronse, non sen traballo, o set por 25-23. O terceiro foi para os de Albacete por 17-25, poñendo o partido 1-2. No cuarto set os locais conseguiron impoñerse cun 26-24 e seguiron traballando na pista ata o quinto set, no que só foron capaces de conseguir un 15-17.

Asi os dous equipos do C.V. Xuvenil de Teis perderon a categoría, pero dende a directiva estanse a estudar as opcións de cara ao próximo ano, debido á reestruturación que ten formulada a Real Federación Española de Voleibol para a tempada 2010/2011.