Cabecera Vide

Derrota do Turismo de Vigo en Leganés

Na última xornada da liga regular as rapazas de Vigo non foron capaces de seguir mostrando a súa mellor cara tras a vitoria ante Ageco Marineda da xornada anterior.

O primeiro set foi doado para as de Leganés ao adxudicarllo por 25-13, no segundo foi cando as de Turismo de Vigo presentaron o seu mellor xogo e cederon o set cun traballado 26-24, no terceiro e ante o potencial das rematadoras de Leganés deixaron un claro 25-16.

Tras este partido as xogadoras enfróntanse á segunda fase que as enfrontará aos catro últimos equipos do Grupo B da Liga FEVB española.

CV.LEGANÉS.COM 3
TURISMO DE VIGO XUVENIL DE TEIS 0

Pavillón Emilia Pardo Bazán de Leganés. Sábado, 13 de febreiro de 2010.