xuvenilt

Para rematar o mes de xaneiro as saídas de Xuvenil Teis péchanse cunha viaxe a Canarias, para enfrontarse ao Costa Piedra Santa Cruz. As canarias que contan entre as súas filas con internacionais con España e con Colombia como Marisa Fernández Conde e Wanda Banguero. Que varias veces foron nomeadas MVP da xornada.

As xogadoras de Teis ocupan a última praza do grupo, mentres que as tinerfeñas ocupan a segunda praza o que porá moi cara a vitoria das de Veloso, imprescindible para manter a categoría posto que con esta quedan só tres xornadas para rematar a tempada.