xuvenil teisEsperando a primeira vitoria da tempada, o C.V. Xuvenil Teis desprázase ata Soria para enfrontarse ao CAEP Selección Junior, que durante a súa concentración permanente a espera de competicións internacionais, milita en Superliga2. O partido dará comezo ás 17:00 no pavillón Municipal dos Pajaritos de Soria. Para o encontro Celso Veloso recupera a Noe, que aínda que se desprazou a Valladolid a pasada xornada non puido xogar.

Tras a boa sorte de xogo das rapazas de Teis, tras o 3-2 en Valladodlid, e que o adversario equipase en idade ao equipo vigués espera un bo partido e por suposto a primeira vitoria.