Xuvenil pavillonÚltima fin de semana de competición liguera do ano para os equipos Siareiros elite, que se van de vacacións con sorte dispar nas súas cuadrículas. Tras o parón polas festas do Nadal, retomarán a competicion oficial a fin de semana do 9/10 de xaneiro, o Octavio, Magope e Cinco Jotas, Blusens Network, Olivo e Celta Zorka, e farano a seguinte fin de semana, a do 16/17 de xaneiro, o Xuvenil, Olivo, Amfiv e Bembrive.

O Amfiv dáse unha alegría en Getafe (60-69) pero queda sen o seu milagre navideño. O conxunto de César Iglesias cumpriu co que estaba na súa man, logrou unha brillante vitoria ante un rival que esta campaña se reforzou moito e ben,  pero verase igualmente abocado a disputar a Fase pola Permanencia na División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas, ao caer o Basketmi en Valladolid. 

Outra vitoria importante a que conseguía o Magope Seis do Nadal-Coia na casa do Porto Artai (17-33). Os vigueses foron superiores dende o indicio do encontro. Jorge Fernández, aproveitou a vantaxe para repartir xogo entre todos os xogadores.

E a terceira vitoria viguesa conseguíaa o Blusens Networks, que venceu con autoridade ao Durango Nissan Gaursa (39-5), nun partido no que obtivo un punto bonus por apoiar 5 ensaios, e que se disputou cun intenso vento no campo de As Lagoas Marcosende, nas instalacións deportivas da Universidade de Vigo.

Non tivo a mesma sorte o Academia Octavio, que caeu ante o Cisne (28-26), rival directo na zona baixa da División de Honra Prata, e queda a dúas vitorias da permanencia. Os locais foron superiores nos primeiros minutos do encontro o que lles serviu para levar os puntos.

As rapazas do Celta Zorka encaixaron unha nova derrota na casa, esta vez ante o Araski (56-64), nun partido igualado ata o tramo final. As de Cristina Cantero pechan o ano sen conseguir unha soa vitoria no pavillón de Navia.

Os Cinco Jotas UB Lavadores caeu no derbi vigués ante o Granitos Ibéricos (25-21), en O Carballal. Os locais dominaron sen ningún problema. Os de Lavadores premeron nos últimos minutos do encontro pero os de Fran González foron superiores.

As rapazas do Xuvenil Teis perderon na casa ante o RGC Covadonga (1-3) nun partido onde gañaron o primeiro set pero se foron desinchando a medida que avanzaban os minutos. As de Teis aproveitaron o encontro para presentar os seus equipos xunto aos seus patrocinadores, Concello de Vigo, Magic Wash, Fontán Álvarez e Mocavi.

E finalmente táboas para o encontro entre o CD Mosteiro Bembrive FS e O Esteo Fs (5-5) no Pavillón de Bembrive. Os de Pitu manteñen o cuarto posto da clasificación con 25 puntos, a dous puntos do Valladolid.