Cabecera Vide

As infantís do C.V. Xuvenil Teis participarán no Campionato de España de Clubs

Subcampeonas_gallegas_infantilO pasado día un as infantís do C.V. Xuvenil Teis xogaron a final ante o equipo de A.D. A Pinguela no campionato galego celebrado na cidade de Monforte. As de Teis clasificáronse para a final tras gañar en semifinais ao C.V. Pontevedra.

Na final non puideron coas locais que se adxudicaron o campionato por un claro 3-0. Galicia posúe a clasificación de dous clubs para o Campionato de España, así as pupilas de Rodolfo Lago vanse entre o 21 e o 25 de maio a Castellón a celebrar este Campionato.

Algunhas destas xogadoras tamén participarán o próximo sábado no Campionato Galego Cadete Feminino, que organizará o C.V. Xuvenil Teis, no pavillón de Coia. A partir das 11:00 as semifinais que enfrontarán ao Emevé contra Calasancias Coruñas e ao C.V. Xuvenil Teis ao A.D. A Pinguela.  O terceiro e cuarto posto decidiranse ás 16:30 e a final ás 18:30 horas.

Na fotografía arriba e de esquerda a dereita: Rodolfo, Sara G., Andrea, Xiomara, Antía, Sara U. e Nayeli. Abaixo: Mar, Andrea, Alma, Sabela, Olalla e Patri.