Tres integrantes do Xuvenil Teis, campions de España coa selección Galega de voleibol

Imprimir

xuvenilDurante a pasada semana, disputouse o Campionato de España de voleibol de selecciones autonómicas en Valladolid, e onte pola mañá, disputouse a final entre as seleccións de Cataluña (campioa do CESA 2013) e Galicia, resultando vencedora a selección galega por 1-3.

O primeiro set foi o único que se levaron as catalás cun axustado 26-24, pero a partir dese momento o marcador foi claro para as galegas. Os parciais nos seguintes sets denotan o bo xogo das galegas adestradas por Rodolfo Lago, adestrador do C.V. Xuvenil Teis en categorías Cadete e Infantil feminina.

O resultado do segundo set foi 20-25 para as galegas, no terceiro a vantaxe aumentou ata un 15-25, e no cuarto set o parcial de 19-25 decantou o partido e o Campionato de España para a Selección Galega.

Ademais do adestrador, o C.V. Xuvenil Teis tiña outras dúas representantes, Mirella Fuentes e Alicia González entre as campioas de España.

O ano pasado, o combinado galego quedou ás portas da medalla de ouro, pero este ano conseguírono co seu gran traballo.