Vitoria e permanencia para o Xuvenil Teis na Superliga 2

Imprimir

xuvenil_fin_tempadaA tempada en Superliga2 rematou cun broche de ouro para as xogadoras do C.V. Xuvenil Teis ao conseguir unha elaborada vitoria, por un 3-2 ante o VP Madrid, e ratificar así a permanencia na categoría por méritos propios. A xornada, que se disputaba o sábado ás 18:00 horas para todos os equipos, comezaba cun primeiro set rápido e cómodo para as locais por un 25-15. O que facía presaxiar un partido rápido.

Pero as madrileñas refixéronse e foron capaces de conseguir o segundo set por un 22-25 e o terceiro por un 23-25. Só faltaba gañar un set para seguir sendo equipo de Superliga2 e os nervios apoderábanse das xogadoras. Pero foron capaces de remontar o marcador adverso e no cuarto set comezaron arroyando cun parcial de 7-0.  A vantaxe mantívose durante todo o set nos dous tempos técnicos e lograron a vitoria por un 25-17. O partido estaba empatado e quedaba o fatídico quinto set, mal recordo para as xogadoras que nesta tempada cederon cinco partidos no último set. Pero o acerto e o bo xogo de todas as xogadoras en saque, recepción, ataque e bloqueo conseguiron facer o cambio de campo cun contundente 8-2. Pese que Benxamín Vicedo, adestrador de VPMadrid, esgotou os seus tempos mortos no punto nove do set non puido facer nada para evitar que as locais se adxudicasen o set e o partido.  O último set rematou cun 15-10.

Esta vitoria súmase ás dúas anteriores e fai que o equipo que descende de categoría é cvleganes.com.  As viguesas seguirán participando en Superliga2 o ano que vén.

Polo Xuvenil Teis xogaron como sexteto inicial: Lucía, Lorena, Rosana, Rebeca, Eva e Xulia, como libre Ania. Tamén xogaron Nati e Noe.
Polo VPMadrid xogaron como sexteto inicial: Saucedo, Balda, Oliver, Barón, Muñoz, Louro e García como libre. Tamén xogou Aldaz.

As xogadoras terán uns días de descanso pero coa vista posta na tempada de voley praia e na seguinte tempada en Superliga2.