Na última xornada de Liga, o C.V. Xuvenil Teis estará pendente da súa permanencia na Superliga 2 de voleibol, nestes momentos o equipo que ocupa a undécima posición estaría salvado. Posto que as bases de competición da Real Federación Española de Voleibol, estipula que para grupos de competición de menos de 24 equipos (neste caso 12) só descende un equipo. Polo tanto a tensión estará en dous campos á vez, en Teis, onde o Xuvenil se enfronta ao VP Madrid (sábado, 18 h.), e no pavillón Emilia Pardo Bazán de Leganés, onde o último clasificado cvleganes.com que recibirá ao Volley is Life Grupo 2008.

As combinacións de resultados serán infinitas. Pero o equipo de Veloso estaría salvado mesmo se o cvleganes.com gañase ao equipo almeriense aínda que perdesen 2-3 contra VP Madrid. A disputa de todos os partidos á mesma hora, fará que todo o mundo estea pendente do marcador online da Federación Española de Voleibol.

A pasada fin de semana, a capitana Lorena Cruz volveu ser a mellor sacadora da xornada con 4 puntos de saque, baza que se usará para gañar ao equipo madrileño e confirmar este ano a permanencia por méritos propios na categoría.