Cabecera Vide

Choque galego na penúltima xornada da Superliga2

O Xuvenil Teis, despois de gañar na pasada xornada ao A.D. La Curtidora, desprázase esta fin de semana a Coruña para enfrontarse ao Fisiomás Zalaeta. O encontro será o domingo, no pavillón do Barrio das Flores. As xogadoras de Celso Veloso subiron o seu nivel de xogo, sobre todo melloraron a efectividade do seu saque. Mostra diso é que a capitana, Lorena Cruz, é a mellor sacadora da xornada con 9 puntos directos de saque no último partido.

Tras a vitoria da semana pasada, as de Teis abandonan a última praza que deixan ao cvleganes.com.

As xuvenís que xogan en Superliga2 enfróntanse este venres polo liderado de Liga Galega contra o Emevé de Lugo, a partir das 18:00 horas no pavillón de Teis.