Tras o partido na casa contra o RGC Covadonga o C.V. Xuvneil Teis repite xornada como local e enfrontarase ao Sant Boi barcelonés. O partido desprázase de hora e xogarase no pavillón de Teis a partir das 20:00 horas. As catalás ocupan a metade da táboa, nun cómodo oitavo posto, mentres que as viguesas seguen ocupando a última praza.

O bo xogo fixo que esta semana sexa a libre de Teis, Ania González, a que aparece no sete ideal da Real federación Española de Voleibol cun 70% de eficacia no seu desempeño deportivo. Pódese comprobar no seguinte enlace:
http://www.rfevb.com/home/cnac/super2/femenina/estadisticas/1314/sfv2_estadisticas1314_17.asp

Durante as vacacións de Carnaval, a Federación Galega de Voleibol levará a cabo as súas xornadas de tecnificación de cara aos Campionatos de España por Autonomías. Nas concentracións femininas do C.V. Xuvenil Teis participarán en cadetes Mirella Fuentes, Sofía Vérez-Fraguelo e Alicia González; en infantil feminino serán Sara Urrea, Antía Martínez e Sabela Moreno; na concentración infantil masculino participará Jaime Caamaño.