Dous encontros para o Turismo de Vigo

Imprimir

As xogadoras do C.V. Xuvenil de Teis disputarán dous encontros esta fin de semana. O primeiro é o aprazado a semana pasada contra Marineda que se disputará o venres ás 20:30 no Pavillón do Barrio das Flores da cidade Herculina. As xogadoras afrontarán este partido coa ausencia por lesión do seu capitana Lorena Cruz que segue convalecente da súa escordadura, pero que se desprazará coas súas compañeiras ata Coruña para ver o partido. As coruñesas ocupan a oitava posición, unha por debaixo das viguesas.

O sábado e con pouco descanso as xogadoras volverán poñer de curto para enfrontarse ao C.V. Leganes.com en xornada de liga. O equpo madrileño ocupa a cuarta praza na clasificación do Grupo A de FEVB. O partido será ás 18:15 no pavillón de Teis onde espera un grande apoio da canteira e da afección. Ás xogadoras convocadas para o partido de Coruña uniráselles Asia Adra.

O equipo masculino pola súa parte desprazarase ata Burgos onde xogará contra o C.V. Universidade de Burgos. O encontro comezará as 18:15 no Polideportivo Universitario, espera un partido intenso tanto na cancha como na grada.Los de Burgos ocupan a quinta posición do grupo A, mentres que o equipo vigués ocupa o sétimo posto.