Xuvenil Teis segue plantando cara a todos os contrincantes que se presentan en Teis, sexa o décimo ou o segundo clasificado da liga. Esta fin de semana ante o RGC Covadonga tivo que suar a camiseta para poder levarse o partido por 0-3. Os tres sets foron moi apertados ata o punto 14 onde as asturianas se separaban aproveitando erros das locais.

Pero o máis axustado foi o primeiro, Pérez adestrador do RGCC, deixou minutos de xogo á súa segunda colocadora situación que as locais aproveitaron para colocarse por diante en varias ocasións, 11-8, 16-13 ou 18-17. Neste momento entrou a a pista Hernández, a colocadora titular, pero a sorte das locais seguín conseguindo empates a 23 e 24 puntos. Pero a destreza das asturianas e os potentes remates de Vázquez, aínda que moitos deles foron levantados con espectaculares defensas de Xulia, Ania e Lorena. A experiencia e temperanza das asturianas deulles o ser por 25-27.

O segundo set presentou moitos empates no marcador ata o punto 11, onde as xogadoras do RGCC se despegaron cunha grande eficacia da súa central Mendoza. Aínda que as locais loitaron só conseguiron un marcador de 21-25.

No terceiro set as de Veloso estiveron por diante nos dous tempos técnicos, 8-5 e 16-15, e demostraron grandes bloqueos de Lucía e Rebeca á oposta e a unha das centrais asturianas. As defensas repetíanse e as locais conseguían chegar a un empate a 21. Pero como comentou o seu adestrador, Veloso, ao final do encontro o esforzo para chegar á beira foi enorme, pero na beira afóganse. O set e o partido foron para as visitantes por un 22-25.

Polo C.V. Xuvenil Teis xogaron: Xulia, Rebeca, Rosana, Lorena, Noe e Lucía, como libre Ania. Tamén xogaron Asia, Carmen e Nati.
Polo RGCC xogaron: Diéguez, Mendoza, Sánchez, Lorenzana, Iglesias, Vázquez e como libre Rodríguez. Tamén xogou Hernández.