Na xornada 17 da Superliga 2 feminina de voleibol, o C.V. Xuvenil Teis recibe ao segundo clasificado na táboa, o RGC Covadonga. As asturianas necesitan os puntos para colocarse por diante das de Torrelavega, e o equipo vigués necesita os puntos para poder saír da última posición da clasificación. O partido disputarase mañá, 22 de febreiro, no horario habitual das 18:15 h.  no pavillón de Teis.

Na pasada xornada, cun vibrante 3-2 contra cvleganes.com, dúas xogadoras do equipo de Teis metéronse entre as mellores xogadoras da xornada.  Rebeca Hernández, como mellor central con 7 puntos de bloqueo e Lucía Pérez, como terceira mellor atacante con 17 puntos.

Celso Veloso terá á súa disposición a todas as xogadoras do equipo incluíndo, como sempre, xogadoras do equipo xuvenil.