Os resultados apertados estanse a suceder nos últimos partidos do C.V. Xuvenil Teis, tras o 1-3 na casa ante o Volley is Life Grupo2008, esta fin de semana repetiuse o marcador ante o Tenerife Santa Cruz. Aínda que as xogadoras viguesas ocupan o último lugar da liga, dan a cara en cada un dos partidos.

Os marcadores moi apertados en todos os sets fixeron que o primeiro set fose para as locais por un 25-23. No segundo, repetiuse o resultado pero esta vez para as visitantes. O terceiro set foi o máis apertado, demostrando a igualdade existente. Pero os remates de Melody Díaz e a capitana local, Mónica López, fixeron que o set se decantase para as locais cun 27-25. As boas defensas de ambos os dous equipos facían que outra vez o set estivese moi igualado, pero ao final lle dió o set e o partido ás locais por un 25-21.