As xogadoras do Xuvenil de Teis desprázanse esta fin de semana ata Tenerife para enfrontarse, o sábado a partir das 16:30 h, ao Tenerife Santa Cruz no Pazo dos Deportes desta cidade. Para a viaxe o equipo vai ser curto polo elevado custo dos billetes de avión e non dispoñer dun voo directo dende Vigo nestas datas.
Celso Veloso encara con optimismo o partido despois do bo xogo que se desenvolveu a pasada fin de semana ante Volley is Life Grupo 2008, que permitiu gañar un set e a punto estivo de darlle a vitoria no cuarto set. As canarias ocupan a décima praza e as viguesas a duodécima.

Tampouco viaxará por lesión Maragda, Lorena segue xogando de libre mentres recupera a lesión do seu xeonllo.