Derrota do Xuvenil en Lugo

Imprimir

O derby galego, entre o Emevé de Lugo e o Xuvenil de Teis, foi para as lucenses por un contundente 3-0. As locáis, que viñan de gañar a Copa da Princesa, non deron respiro ás xogadoras de Veloso. O equipo de Vigo no primeiro set tan só puido conseguir 10 puntos.

Tras este primeiro set conseguiron concentrarse e dar unha mellor cara no segundo, conseguindo un parcial de 25-19. Pero este esforzo non se veu recompensado cun set como no partido de ida, no que as de Teis conseguiron un set a favor. Xa no terceiro set só puideron conseguir 18 puntos.

O equipo do C.V. Xuvenil Teis reformulou o seu equipo e os seus obxectivos para a segunda volta, na que intentará loitar nos postos entre o sexto e o duodécimo. A próxima fin de semana, as viguesas enfrontaranse ao equipo almeriense, Volley is Life Grupo 2008, que ocupa a quinta praza.