O Xuvenil cae ante o farolillo vermello

Imprimir

O partido que enfrontaba ao VP Madrid e ao C.V. Xuvenil Teis parecía ter un claro vencedor ao ver a clasificación, as madrileñas farolillo vermello, e as viguesas décimo lugar. Pero algúns contratempos como as lesións e a imposibilidade de viaxar dalgunhas xogadoras como Rosana e Rebeca, por motivos de traballo, fixeron que o resultado fose todo o contrario, un claro 3-0 para as madrileñas.

Así viaxou un equipo moi minguado, con Lorena e Lucía lesionadas que xogaron grande parte do partido e catro xuvenís Xulia, Eva, Noemi e Carmen, tamén viaxaron Ania e Asia.

No primeiro e segundo set notáronse a xuventude e falta de contundencia do equipo vigués con parciais de 25-12 e 25-15, con moitos erros das de Celso Veloso. Pero no terceiro set o equipo quixo demostrar a súa capacidade de xogo, chegando a varios empates ao longo do set, chegando ao final a un 27-25 para as locais.

Con esta derrota péchase a primeira volta da Superliga2 2013/14. O C.V. Xuvenil Teis ocupa a undécima posición e ata o 19 de xaneiro non se volverá á competición, tempo que se aproveitará polo técnico para recuperar as súas xogadoras lesionadas Lorena, Lucía e Maragda e poder conseguir algunha vitoria máis na segunda volta. O primeiro partido do 2014 será un derbi galego contra EMEVÉ de Lugo na cidade da muralla.