Cabecera Vide

O derbi en Superliga 2 foise a Coruña

O Xuvenil de Teis perdeu o seu derbi ante o Zalaeta herculino por 1-3. Este partido na ponte comezou cun grande despregamento de xogo das viguesas, chegando nos dous tempos técnicos con vantaxe. No primeiro 8-5 e no segundo cunha vantaxe máis ampla 16-10. Nese set as de Teis foron enlazando saques, bloqueos e remates gañadores, chegando ao final do set cun contundente 25-21.

Pero a falta de concentración das xogadoras de Fisiomás Zalaeta mitigouse e no segundo set colocáronse por diante en todo o set, pero ao chegar ao punto 22 empezou unha serie de empates, onde se vía a igualdade que estaba oculta. Tras un balón de set para as coruñesas que salvaron as locais, a segunda pelota de set foi a definitiva para as visitantes, adxudicándose o set por un axustado 24-26. Empatando o partido a sets.

Parecía que a esperanza non estaba perdida cos berros de ánimo de Rebeca e Maragada, ambas as dúas lesionadas, dende o banco local. Durante este set a igualdade chegou no punto 13 e dende ese momento houbo cinco empates no marcador. As xogadas eran moi longas, algunhas con oito cambios de campo, onde se demostraba a igualdade de xogo dos equipos. Tras o empate a 23 puntos as xogadoras viguesas enlazaron dous erros non forzados que deron o set 23-25 ás de Zalaeta, deixando o partido 1-2 para as visitantes.

No cuarto set e tras o cambio de colocadora por Veloso no campo non foi suficiente para que as xogadoras empatasen o partido a sets. Zalaeta foi por diante durante todo o set e aínda que houbo boas momentos de xogo das locais non foron suficientes e o set e o partido leváronllo as coruñesas.

Polo C.V. Xuvenil Teis xogaron: Lucía, Noe, Lorena, Rosana, Nati, Asia e como líbero Ania. Tamén xogaron Carmen, Eva e Xulia.
En Fisiomás Zalaeta: García, Arias, Echevarría, Quirós, Díaz, Durán  e como líbero Sánchez. Tamén xogou Rivas.