Grande e traballada vitoria do Xuvenil ante o líder

Imprimir

xuvenil_plantillaFíxose esperar, pero despois de varios resultados 3-2 en contra e a demostración dun gran xogo por fin chegou a recompensa, a vitoria. Como titula a Real Federación Española de Voleibol "O último tumba ao líder". As xogadoras do Xuvenil de Teis liberáronse das presións e pecharon un grande partido e unha gran vitoria sobre o líder da Superliga 2 o C.V. Torrelavega (3-0).

Foi unha grande e traballada vitoria das viguesas, o primeiro set comezaba como cabía esperar con vantaxe das de Torrelavega tanto no primeiro como no segundo tempo técnico. Pero a partir de aí as de Teis, sen nada que perder, comezaron a apertar no seu xogo, longas xogadas de defensa e grandes remates fixeron o empate a 18 puntos. Tras dous tempos mortos de Celso Veloso chegou un empate a 22 no marcador. As esperanzas non se perdían e o bo xogo continuaba, chegando a un 24-23.  E cunha falta dunha das zagueras das cántabras o set decantouse polo equipo local que o vía como unha recompensa ao seu esforzo.

O segundo set empezou moi axustado con varios empates a 3, 4 e 5 puntos, pero ao chegar ao tempo técnico as locais ían diante cun 8-5. Neste set entrou a capitana e colocadora titular de Torrelavega, intentando remediar o primeiro set. Nese momento as visitantes sacaron o seu orgullo de primeiras da liga e chegaron a empates a dez e a catorce puntos. Tras isto e o bo xogo das galegas fixo chegar o marcador a un 21-19. As xogadoras galegas seguían desenvolvendo o seu mellor xogo sen presión e conseguiron desesperar ás de Torrelavega, anotándose o set por 25-23, outra vez.

As cántabras non daban crédito e non foron capaces de recuperarse anímicamente e o terceiro set foi un traballo lento pero seguro cara á vitoria das viguesas. Ao tempo técnico chegouse cun claro 8-1 para as de Teis, aínda que parecía que esta vantaxe xa era grande, nalgúns tramos do set esta vantaxe chegou a ser de 14 puntos cun 20-6. Só faltaban cinco puntos para a vitoria que se fixo esperar, pero punto a punto as locais conseguiron con bos remates, potentes bloqueos e dificultosos saques o set. O resultado final foi de 25-15 para as locais que saltaron de alegría ao conseguir esa importante vitoria, tanto polo aspecto emocional, gañar ao primeiro equipo da liga, a primeira vitoria en Superliga 2 e tamén polo excelente nivel de xogo desenvolvido.

Polo C.V. Xuvenil Teis xogaron a un alto nivel: Asia, Lucía, Lorena, Rosana, Rebeca e Eva, como libre Ania. Tamén xogaron Carolina, Nati, Xulia e Carmen.
Polo C.V. Torrelavega xogaron Segovia, González, Becerril, Sánchez, Neila e Da Cuiña, como libre Salazar. Tamén xogou Sanz e Hermosa.

Tras este resultado o C.V. Xuvenil Teis ocupa a décima posición na táboa.