O Xuvenil viaxa a terras catalás

Imprimir

Segunda saída consecutiva das xogadoras de Teis para enfrontarse ao equipo de Sant Boi, o sábado a partir das 17:00 horas, no Poliesportiu Municipal La Parellada. Os equipos decidirán se a clasificación segue como está, Sant Boi décimo e C.V. Xuvenil Teis undécimo, ou os postos varían.

Unha vitoria sería moi ben recibida polas xogadoras viguesas despois de varios resultados por 2-3 e o bo xogo desenvolvido no último encontro contra o líder de la liga RGC Covadonga.

Outra nota importante despois deste partido foi o bo resultado de Lorena Cruz, capitana e xogadora de zona 4, que volve ser a segunda mellor receptora da xornada. Para esta xornada é dúbida segura Maragada e Lucía empeza a estar dispoñible para o seu adestrador.