O Xuvenil desprázase a Gijón para enfrontarse ao líder da clasificación

Imprimir

O próximo sábado as xogadoras do C.V. Xuvenil Teis desprázanse ata Gijón para enfrontarse ao primeiro clasificado da Superliga 2, o Real Grupo Cultural Covadonga. O partido comezará a partir das 17:00 horas no polideportivo Braulio García. O equipo vigués ocupa a penúltima praza do grupo e intentará presentar a súa mellor cara ante o líder.

Dúas xogadoras do equipo de Teis resaltan nas estatísticas da última xornada, por unha parte a capitana Lorena Cruz como mellor receptora da xornada cun 83% de efectividade nas súas 24 recepcións e a moza libre Carmen Cortegoso que aparece como a terceira mellor libre da xornada, cun 65% de efectividade no seu posto.

Celso Veloso non poderá contar nin con Maragda nin con Lucía por problemas nos seus xemelgos.