Cabecera Vide

Derrota do Xuvenil ante o Leganés

xuvenil_leganesO equipo de Teis recibía ao cvleganes.com con dúas baixas significativas, a de Lucía Pérez e a de Maragada Santillana. Outra vez o resultado do partido foi 2-3 en contra do C.V. Xuvneil Teis tras unha grande remontada ante o cvleganes.com. O partido que enfrontaba dous equipos que loitaban por saír do fondo da táboa de Superliga2, foi moi loitado en todo momento. Dende o primeiro set no que había varios empates no marcador aínda que a experiencia de gañar xa un partido fixo que o set fose para as madrileñas por 23-25.

No segundo set e tras levar vantaxe en todos os tempos técnicos as locais, despois de loitar todas e cada unha das pelotas do set, a falta de ambición das de Teis fixo que tras un empate a 25 puntos o set se fose do lado visitante cun 25-27.

Cando todo parecía indicar que o partido ía ser un claro 0-3 para as de Leganés, o equipo que dirixe Veloso deu un golpe de efecto e tras comezar o set perdendo 2-8, ao longo do set recuperaron o bo xogo e colocáronse cun 16-14. Ao chegar ao empate a 24 puntos, que podería significar o termo do partido, as de Teis fixeron de tripas corazón e levaron o set cun resultado final de 26-24.

O cuarto set foi un paseo para as do Xuvenil, cun grande nivel de xogo tanto en ataque como aguantando defensa tras defensa ante o equipo madrileño. A diferenza entre os dous equipos chegou a ser de once puntos no tempo técnico e ao final de set, 25-14.

Tras este grande nivel de xogo todo o mundo no pavillón de Teis esperaba a continuidade do bo xogo e un final rápido con vitoria das locais. Pero o inicio do set enseguida se decantou cara ao lado madrileño. o cambio de campo realizouse cun 4-8. A partir de aí os erros fóronse encadeando e o resultado final foi de 9-15.