Cabecera Vide

O Xuvenil Teis cadete feminino, rumbo ao Campionato de España

A partir de mañá, as xogadoras cadetes do Xuvenil Teis participarán en Cangas de Onís no Campionato de España de Clubes. O día 19 en xornada dobre e o día 20 en xornada de mañá, disputarán a primeira fase deste campionato. Mañá a partir das 9:00 da mañá enfrontaranse ao C.D. Nova Castilla da comunidade de Madrid, no pavillón de Arriondas. Pola tarde e tamén a primeira hora da competición, 16:00 enfrontaranse ao equipo D ´ o Huyar, de La Rioja, no mesmo pavillón.

O día 20 outra vez ás 9:00 da mañá enfrontaranse ao equipo murciano de Los Alcázares. Tras estas xornadas coñeceremos o seguinte calendario que dependerá das vitorias conseguidas nesta primeira fase.

A expedición parte hoxe ás 11:00 horas cara a Asturias con familiares e amigos que van apoiar este grande equipo cadete.