Cabecera Vide

Derrota do Xuvenil Teis en Soria

O equipo vigués non puido conseguir ningún set na súa visita a Soria, o enfrontamento do C.V. Xuvenil Teis ante o CAEP Soria demostrou unha mellora do nivel de xogo das galegas. Durante o primeiro set as viguesas foron capaces de conseguir 17 puntos fronte a la Selección Española Junior.
Pero o bo xogo polo centro do campo de Rebeca e de Lucía fixo conseguir no segundo set un parcial máis amplo, aínda que sen conseguir o set, o resultado final foi 25-21. Pero as de Veloso aínda tiñan algo máis que dicir, no terceiro set cunha boa sorte de xogo conseguiron levar o marcador ata un 25-22. O equipo de Teis segue demostrando bos momentos de xogo e bo rendemento das súas xogadoras, como a libre da xornada pasada Ania, que conseguiu un 71% de eficacia, momentos que non se reflicten en vitorias. Pero que as xogadoras de Teis intentarán emendar na próxima xornada na casa o próximo día 6 de abril contra cvleganés.com.