Cabecera Vide

Mal comezo de liga para o Turismo de Vigo

O equipo de Arlindo Peixoto perdeu 0-3 ante o equipo do Emeve de Lugo Laboratorios Nupel. O partido empezou ben para as locais chegando a estar por diante no primeiro set por 13-8. Varias interrupcións provocadas polo equipo lucense fixeron que as viguesas perdesen a concentración e cedesen o primeiro set por 20-25. No segundo set as viguesas xa comezaron desconcentradas cedendo un parcial de 1-14, na recta final do set e tras uns cambios o resultado foi de 12-25 para as lucenses. No terceiro set o principio foi como no segundo chegando a un parcial de 2-8. As viguesas reaccionaron pero o parcial foi de 18-25.

Polo C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo xogaron: Diego, Cruz, González, Piñeiro, Sabido e Adra. tamén xogaron Pousada, Costa, Adra e Garrido.

Polo Emeve de Lugo Laboratorios Nupel xogaron: Vidal, Penelas, González, Fernández, Curral, Bouza, tamén xogaron Val, González e Rodríguez.

Parciais: de 20-25 (en 29 minutos), 12-25 (en 19 minutos) e 18-25 (en 21 minutos).
Árbitros: Borrás e Fernández
150 espectadores no pavillón de Teis