Cabecera Vide

O Xuvenil de Teis volve ao traballo

374partidofinal2011Dende o pasado día 2 de setembro o equipo adestrado por Celso Veloso, volveu ao traballo de cara á tempada 2011/12 da Liga FEV. O inicio da tempada será o día 5 de novembro, na casa, contra o equipo de Guadalajara.

É un grupo formado só por 8 equipos entre os que se atopan dous equipos canarios e outro de baleares. Para esta tempada Veloso conta con Lorena cruz, Xela, Sabela, Ana, Asia, Rosana, Carolina, Rebeca e Ania, aínda que tamén poderá contar con Mónica Álvarez se o seu traballo llo permite. A este grupo iranse integrando as xogadoras xuvenís que o técnico crea conveniente, para resaltar o valor da canteira que lle dá esta entidade.

As xogadoras comezaron a realizar en pista o traballo físico e técnico, aínda que Lorena e Xela seguen unha preparación a parte das súas compañeiras porque van disputar a próxima fin de semana a final da CEVP en Salou, a esta final de voley praia chegan as sete mellores parellas do circuíto nacional. En tres delas aparece representación galega dato que reflicte o bo nivel que ten este deporte na nosa comunidade.