Último encontro do Turismo de Vigo

Imprimir

xuvenilEsta fin de semana dispútase a última xornada regular na liga FEV. O equipo do V.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo desprázase ata Madrid para enfrontarse ao C.U.V. Alcorcón a partir das 18:00 horas do sábado día 12 de marzo no pavillón Los Cantos.

Os madrileños ocupan a última praza do grupo de FEV, o que podería deparar unha nova vitoria para o equipo vigués que ocupa a sexta praza. Se os resultados son favorables para o equipo de Veloso podería alcanzar a quinta praza no grupo.