No primeiro enfrontamento desta fin de semana, as xogadoras do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo conseguiron unha vitoria por 1-3 ante o Calasancias Coruña.

No primeiro set impuxéronse as viguesas por un parcial de 19-25. No segundo as coruñesas recuperaron o alento e impuxéronse por un 25-23. Pero nos seguintes sets impúxose o equipo de Celso Veloso pechando o resultado cun 16-25 e rematando cun 22-25.

Esta vitoria débese ao esforzo de todas as xogadoras do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo. Como seis inicial xogaron: Lorena, Maite, Xela, Ale, Ana e Rosana, como libre Sabela. Tamén xogaron Carolina, Asia e Lili.

No segundo encontro desta fin de semana,  partido aprazado contra o CAEP Soria, Selección Española Junior, as xogadoras do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo non puideron asinar outra vitoria. A estatura e o xogo das xogadoras do CAEP Soria non deixaron que as viguesas se anotasen ningún set.

O primeiro set parecía o contrario, cada punto era moi disputado e o balón cruzaba varias veces a rede con espectaculares defensas por parte dos dous equipos, pero rematou do lado das de Soria por un apertado 27-29. No segundo e terceiro set as de Vigo non lograron alcanzar o seu máximo nivel de xogo e caeron por 16-25 e 17-25.

Polo C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo xogaron: Ana, Rosana, Ale, Xela, Lorena e Maite, como libre Sabela. Tamén xogaron Asia, Lily e Natalia.

Polo CAEP Soria xogaron: Álvarez, Barrasa, San Martín, De Blas, Díaz e LLorens, como libre Vallejo. Tamén xogaron Portero, García, Rodríguez, Becares e Estanque.