Nunhas poucas horas as xogadoras de Vigo tiveron que enfrontarse de novo a unha cancha de voleibol, esta vez en Leganés. Tras a vitoria ante o Algaida do sábado, o domingo pola mañá as xogadoras do Turismo de Vigo non foron capaces de manter o bo xogo demostrado en terras mallorquinas. O equipo saldouse cun tres a cero para as locais, con idénticos parciais de 25-19 nos tres.

Ata a fin de semana do 26 de febreiro non se reatopará o C. V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo coa competición con outra dobre xornada contra Calasancias o sábado en Coruña, partido que se disputará no pavillón do Barrio das Flores, e o domingo contra o CAEP Soria no pavillón de Teis, partido aprazado polo equipo soriano polos seus compromisos internacionais como Selección Española Junior.