Derrota en Pamplona do Turismo de Vigo

Imprimir

O longo desprazamento por estrada das xogadoras do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo ata Pamplona lles deparou unha nova derrota contra o Ecay Construcciones.

O equipo pamplonica se aúpa tras esta vitoria á primeira posición do grupo de FEV. O cansazo dos 700 km realizados a mesma mañá do sábado propiciou uns marcadores nos tres sets curtos onde non se reflectía o xogo das viguesas.

O primeiro set rematou cun 25-15, no segundo set o marcador foi máis curto cun 25-14 e no terceiro set cando as xogadoras de Vigo se comezaban a atopar ben o set rematou cun 25-20.

O próximo sábado reciben no pavillón de Teis, a partir das 18:15 horas ao C.U.V. Alcorcón que ocupa a última praza do grupo.