Cabecera Vide

Grande vitoria do Turismo de Vigo ante o Calasancias

Grande vitoria do equipo vigués ante o equipo de Calasancias de A Coruña por tres sets a cero. O equipo que dirixe Celso Veloso demostrou ser un bloque moi compacto en defensa e en ataque, onde calquera que remataba o facía con grande eficacia.

Sinalar neste apartado a Xela e Lucía. Todos estes bos ataques viñeron propiciados por unha recepción que rozou a perfección e permitiu a Rosana Conde realizar boas colocaciones para que as súas compañeiras puidesen dar un espectáculo en ataque.

Os parciais, aínda que axustados, deron unha vitoria contundente ás de Teis.

No primeiro set que foi o máis axustado as de Vigo adxudicáronse o set por un 26-24, no segundo o parcial foi de 25-22 e no terceiro marcouse máis a diferenza cun claro 25-18.

Os árbitros foron Canga do colexio asturiano e Graña do colexio pontevedrés.

Polo Xuvenil de Teis Turismo de Vigo xogaron: Rosana, Ana, Carolina, Lucía, Xela e Lorena Cruz, como libre Sabela. Tamén xogaron Asia e Maite.

Polo Calasancias xogaron: Álvarez,García, Oliveira, Campos, Alvaredo, e García, como libero Gonzáles. Tamén xogaron Domínguez e González.