O próximo sábado no pavillón municipal de Teis disputarase a cuarta xornada da liga FEV feminina. O partido enfrontará o equipo vigués ao Algaida Voleibol, equipo mallorquino.

Este equipo só disputou dous partidos das tres xornadas, polo que se atopa no último posto da clasificación do leste grupo de liga FEV, mentres que as galegas ocupan o sexto posto tras perder na última xornada contra o CAEP Soria. Para este partido Celso Veloso contará con todas as súas xogadoras, esperando dar un grande espectáculo na pista de Teis.