Cabecera Vide

Derrota nos Pajaritos

A visita ao pavillón de Os Pajaritos das xogadoras do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo, deparou a súa segunda derrota por 3 sets a 0.

O equipo de CAEP Soria está formado por xogadoras da selección Española cadete e xuvenil. Ao deplazamiento non puideron asistir dúas xogadoras titulares, Ana e Lucía, por diversos problemas o que se fixo notar no ánimo do equipo. Os parciais foron no primeiro set 25-14, no segundo cunha lixeira melloría pero tamén para as locais 25-20 e no terceiro 25-16.

Cabe destacar no equipo de Soria a boa actuación da xogadora da canteira do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo Mary Álvarez del Burgo que comeza o seu segundo ano na Concentración Permanente, neste partido partiu como titular para enfrontarse ás súas compañeiras.

O próximo sábado as xogadoras de Vigo recibirán ao Algaida de Mallorca a partir das 18:15 no pavillón de Teis.