Cabecera Vide

Primeira derrota do Xuvenil de Teis

374xuvenilteis10.11Primeiro partido na casa e primeira derrota das viguesas, contra o C.V Covadonga. Podería ser un partido doado de gañar de non ser polos erros de recepción que apareceron ao longo de todo o partido.

O partido rematou cun resultado de 1-3 para as asturianas, con parciais de 23-25, 17-25, 26-24 y 20-25.

Polo Xuvenil de Teis xogaron: Rosana, Ana, Lorena, Lili, Carolina e Lucía, como libre Sabela. Tamén xogaron Ale, Maite e Asia.