Volve o bo xogo ao pavillón de Teis

Imprimir

No partido de volta da Copa Galicia puídose ver o mellor xogo do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo, ao impoñerse cun claro 3-0 ao Marineda. No de ida, as viguesas perderon por 3-1.

As de Vigo demostraron un alto nivel de xogo tanto con xogadoras experimentadas coma con xogadoras novas. No primeiro set, conseguiron un parcial de 25-14 en tan só 18 minutos con xogadas moi disputadas que caían unha e outra vez do lado vigués. Demostrando o control do saque, do ataque e do bloqueo.

No segundo set Celso Veloso moveu o banco pero conseguiu manter o alto nivel de xogo, anotándose o set por un 25-19. Para o terceiro Veloso cambiou a colocadora titular Rosana, para darlle minutos a unha colocadora nova, Asia, que co paso dos puntos foi capaz de facerse co control do último set cun resultado de 25-17.

Polo C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo xogaron: Rosana, Ana, Carolina, Lucía, Lili e Lorena, como libres Sabela. Tamén xogaron Asia e Maite.

Polo Marineda xogaron: García, García, Oliveira, Campos, Alvaredo e García, como libre González. Tamén xogaron: Domínguez, González.