xuvenilMañá sábado a partir das 18:15 o C.V.  Xuvenil de Teis Turismo de Vigo enfrontarase ao C.V. Marineda para disputar o partido de volta da fase previa da Copa Galicia de voleibol no Pavillón de Teis.

Aínda que o resultado da ida foi de 3-1 para as coruñesas, os parciais foron moi pertados chegando nalgúns sets a un 26-24 y 27-25. así as xogadoras de Celso Veloso teñen esperanzas en darlle a volta ao marcador ao xogar na casa.

Este partido servirá para preparar o inicio de tempada que comeza o día 16 contra o outro equipo de A Coruña, o Zalaeta.