xuvenilEsta fin de semana comezou a súa andaina oficial o Turismo de Vigo Xuvenil de Teis, proxecto que este ano dirixe Celso Veloso, co partido de ida da Copa Galicia contra o C.V. Marineda.

O partido disputouse en terras coruñesas, con vistoria das locais por 3 sets a 1. Observando os parciais non parece tan sobrada a vitoria do Marineda posto que no primeiro set se tivo que disputar o punto 27 para que as coruñesas se adxudicasen o set. No segundo set as de Vigo conseguiron adxudicarse o set por 19-25. No terceiro e no cuarto set seguiu o bo traballo das de Teis pero non puideron adxudicarse os sets, os parciais foron moi apertados 26-24 no terceiro e 25-23 no cuarto.

O partido de volta disputarase en Vigo a partir das 18:15 horas o próximo sábado día 2 de outubro no pavillón Municipal de Teis. Este partido servirá a Celso Veloso para dar os últimos toques ao equipo que comezará a súa andaina en liga FEV o próximo 16 de outubro contra o outro equipo galego en competición, o Zalaeta.