O pasado sábado, no no Pavillón de Coia, disputouse o Campionato Galego de Voleibol Infantil onde o equipo do CLUB VIGO CAIXANOVA se proclamou Campión da especialidade.

Coa organización do Club VIGO CAIXANOVA concentráronse na nosa cidade os catro mellores equipos da Liga Galega, o EMEVE de Lugo, El C.V. OURENSE, o C.V. DUMBRÏA, de La Coruña e o VIGO CAIXANOVA.

Os primeiros enfrontamentos, semifinais, tiveron como contendentes a OURENSE contra LUGO. Venceron os segundos por un apertado 3-1 con parciais axustados e que daban emoción á segunda semifinal.

Ás 12,00 horas enfrontáronse, na outra semifinal, o C.V. DUMBRIA contra o VIGO CAIXANOVA e aquí foron os vigueses os que sen grandes apertos se impuxeron por un claro 3-0.

Pola tarde, a partir das 16,30 horas disputouse o terceiro e cuarto posto entre os equipos de C.V. OURENSE e o C.V. Dumbria. A vitoria final foi para os ourensanos que se impuxeron por un parcial de 3-1.

Ás 18,00 horas disputouse a grande final que enfrontou o EMEVE de Lugo e o VIGO CAIXANOVA. Os xogadores de Yolanda Sienes e de Suso Penedo impuxéronse con grande facilidade aos lucenses aos que venceron por un claro 3-0 con parciais doados de 25-10; 25-16 y 25-17.

Con esta vitoria os vigueses proclamáronse Campións galegos de Voleibol Infantil e representarán a Galicia no Campionato de España que se celebrará en Llanes do 12 ao 16 do próximo mes de maio.

Novamente podemos ver que as categorías base do Club VIGO CAIXANOVA seguen dando os seus froitos e facendo xogadores que nun futuro próximo poden seguir os pasos doutros que lle precederon para representar á nosa cidade xogando na máxima categoría do Voleibol nacional.

Mais éxitos para os vigueses se se suman aos xa conseguidos na máxima categoría, na segunda categoría e agora nas categorías base.

A partir deste momento os novos xogadores vigueses seguirán preparando ese Campionato de España onde ninguén dubida que poidan realizar un gran papel e así poder demostrar a súa categoría.