Cabecera Vide

O Club Vigo segue traballando en conseguir un patrocinador

O Club Vigo segue traballando en conseguir un patrocinador que lles permita a próxima tempada saír na máxima categoría do Voleibol Nacional sen os apuros económicos das dúas última tempadas.

A falta de pechar a presente tempada ábrense dúas frontes de cara á tempada 10-11. A primeira cuestión é resolver a situación de cada un dos xogadores do equipo 09-10. Tamén resolver o tema do adestrador, Flavio Calafell. A todos lles gustaría que despois de conseguir o retorno á superliga siga Flavio unha tempada mais. Tamén, no aspecto deportivo, tratar de manter o grupo que finalizou esta tempada de forma tan importante coas vitorias na Copa Galicia, a Copa Príncipe de Asturias e a consecución do Campionato de superliga 2. Nestes momentos e debido á situación económica non se falou con ningún dos xogadores para a próxima tempada, aínda que algún deles xa son coñecedores que existe interese por parte do Club para que poidan seguir. Outros terán que rebaixar algo as súas pretensións económicas e por último haberá que buscar un xogador que poida substituír a Eduardo Sánchez que deixa o Voleibol.

Eduardo Sánchez convertérase nun dos xogadores mais importantes do Club vigués. Chegado no ano 96, para ser o reemplazo de Javier Gaspar, procedente do C.V. Numancia de Soria, fíxose un oco en filas viguesas chegando a ser considerado case un xogador imprescindible por cada un dos adestradores que pasaron pola nosa cidade. Converteuse no capitán do equipo e un dos baluartes mais importantes dos distintos equipos que pasaron pola nosa cidade. Por último dicir que foi un dos xogadores que mais tempo mantivéronse no Club e na máxima categoría.

A falta deste xogador fará que dende a dirección técnica se empece a buscar un substituto que colla a batuta dun equipo que pensa en recuperar as actuacións de tempadas anteriores e abandone os ascensos e descensos de categoría, algo que durante tres anos foi un pouco o rumbo deste Club.

As categorías base seguen producindo xogadores e tampouco se descarta a incorporación dalgún xogador de equipos inferiores.

Tamén, dende a directiva, pénsase en galleguizar mais o primeiro equipo e buscaranse xogadores galegos que, ben dentro da nosa comunidade ou algúns xa fose, poidan incorporarse para seguir traballando na súa terra e sobre todo no equipo vigués.